Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Lingua ardhamagadhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prácrito de Magadha
Ardhamāgadhī
Falado en: Bangladesh
India India
Nepal
Total de falantes: Lingua morta
Familia: Indo-europeo

  Indo-iranio
    Indo-ario
      Indo-ario oriental

        Ardhamāgadhī
Escrita: Devanagari
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pka
Mapa
Status

A lingua ardhamaghadi, prácrito magadhi ou prácrito de Magadha é unha lingua prácrita usada na composición de dramas. O prácrito magadhi falouse na parte oriental do subcontinente indio, nunha rexión que abarca a actual India oriental, Bangladesh e mais o Nepal. Pénsase que foi a lingua de importantes figuras relixiosas, como o Buda Gautama ou Mahavira, así como o idioma empregado nas cortes de Magadha mahajanapada e o imperio Maurya. Os edictos de Aśoka están redactados nesta lingua.Bashan2004394-1">[1]

O ardhamaghadi evolucionou cara a diversas linguas indoarias orientais, como os actuais assamés, bengalí ou oriya, e cara as linguas bihari (por exemplo, o bhojpuri, maithili ou magahi).VV._AA.2003203-2">[2]

Relación co pali

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición do budismo theravada, o pāḷi e o ardhamagadhi serían termos equivalentes para a mesma lingua. Así, tanto o Buda Gautama, fundador do budismo, como Mahavira, pioneiro do xainismo, terían predicado en magadhi.

  1. Bashan2004394_1-0">↑ Bashan 2004, p. 394.
  2. VV._AA.2003203_2-0">↑ VV. AA. 2003, p. 203.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]