Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Lingua gong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gong
Outros nomes:Ugong
Falado en: Tailandia
Total de falantes: 80 (2000, David Bradley)
Familia: Linguas sino-tibetanas
 Gong
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O gong está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O gong ou ugong é unha lingua sino-tibetana con menos de 100 falantes. Fálase en Tailandia.[2]

O gong foi documentado por primeira vez nunha fonte occidental na década de 1920 (nun artigo do médico e botánico irlandés A. F. G. Kerr), cando xa estaba en declive.Kerr1927-3">[3] Nos 70, David Bradley comezou a estudar a lingua en diversas áreas nas que aínda se empregaba, excluíndo dúas rexións das referidas por Kerr, onde xa desaparecera.Bradley1989-4">[4] Posteriormente, varias das aldeas foron abandonadas a causa da construción de encoros nos ríos Kwae Yai e Khwae Noi, o que empeorou a situación da lingua.Bradley1989-4">[4] Na actualidade, atópase en situación de especial vulnerabilidade, xa que os últimos falantes nativos naceron arredor dos 70.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Non existe consenso sobre a clasificación concreta da lingua gong. Segundo Bradley, trátase dunha variante das linguas lolo-birmanas, aínda que non encaixa con precisión nas linguas búrmicas nin nas loloicas.Bradley1989-4">[4] Pola súa banda, Andrew Hsiu defende a súa adscrición a unha póla independente das linguas tibeto-birmanas, no canto de agrupalas coas lolo-birmanas.Hsiu2018-5">[5]

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Hai dous dialectos:

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Gong". Proxecto ramas sino-tibetanas (en inglés). 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  3. Kerr1927_3-0">↑ Kerr 1927.
  4. Bradley1989_4-0">4,0 Bradley1989_4-1">4,1 Bradley1989_4-2">4,2 Bradley 1989.
  5. Hsiu2018_5-0">↑ Hsiu 2018.
  6. Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
  7. Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bradley, David (1989). "The disappearance of the Ugong in Thailand". En Dorian, Nancy C. Investigating Obsolescence: Studies in Language Contraction and Death (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521324052. doi:10.1017/CBO9780511620997.006. 
  • Hsiu, Andrew (2018). "Gong". Sino-Tibetan Branches Project (en inglés). Consultado o 04-06-2024. 
  • Kerr, A. F. G. (1927). "Two Lawā vocabularies: the Lawā of the Baw Lūang plateau; Lawā of Kanburi Province". Journal of the Siam Society (en inglés) 21: 53–63. 
  • Matisoff, James A. 2015. The Sino-Tibetan Etymological Dictionary and Thesaurus. Berkeley: Universidade de California.
  • Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
  • Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.