Mandawuy Yunupingu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Tom Djambayang Bakamana Yunupingu 17 de setembro de 1956 Yirrkala, Australia |
Morte | 2 de xuño de 2013 (56 anos) Yirrkala, Australia |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Director de escola | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Universidade Deakin |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións , cantante , guitarrista |
Período de actividade | 1985 - |
Xénero artístico | Rock indíxena |
Lingua | Lingua inglesa e Linguas yolŋu |
Instrumento | Guitarra e voz |
Familia | |
Pai | Mungurrawuy Yunupingu |
Premios
| |
Mandawuy Djarrtjuntjun Yunupingu, nado como Tom Djambayang Bakamana Yunupingu o 17 de setembro de 1956 en Yirrkala[1][2] (Terra de Arnhem, Territorio do Norte) e finado o 2 de xuño de 2013, foi un músico, cantante e educador aborixe australiano principalmente coñecido por ser o líder da banda Yothu Yindi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1989 pasou a ser subdirector da Escola Comunitaria de Yirrkala, á que asistiu no seu día, e foi director durante os dous anos seguintes. Axudou a establecer o Grupo de Acción Yolngu e introduciu o sistema "Both Ways", que recoñeceu o ensino tradicional aborixe xunto aos métodos occidentais.[3]
Desde 1986, foi o líder do grupo de rock aborixe Yothu Yindi como cantautor e guitarrista. Yothu Yindi publicou seis álbums: Homeland Movement (1989), Tribal Voice (1991), Freedom (1993), Birrkuta - Wild Honey (1996), One Blood (1999) e Garma (2000).[4]
Yunupingu foi nomeado Australiano do Ano en 1992 polo Concello do Día Nacional de Australia.[5][6] En 1993, foi un dos seis indíxenas australianos que presentaron conxuntamente as Boyer Lectures "Voices of the Land" para o Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo (IYWIP). En abril de 1998, recibiu un doutoramento honoris causa pola Universidade de Tecnoloxía de Queensland. Faleceu en 2013, aos 56 anos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gibson, Mark (1 de setembro de 2010). Australian Music History, ed. "This Month in Australian Music – September". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2013.
- ↑ "Yunupingu Broke Indigenous Barriers". The Sydney Morning Herald. 3 de xuño de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2013.
- ↑ Yunupingu, Bakamana (1990). "Language and power : the Yolngu rise to power at Yirrkala School". En NTU Press. Cross-Cultural Issues in Educational Linguistics Conference (1987; Batchelor College, N.T.) Language; maintenance, power and education in Australian Aboriginal contexts. Darwin. pp. 3–6. Consultado o 5 de xuño de 2013.
Decisions on school matters made by Yolngu Action Group, who have control over both ways curriculum for both Yolngu and European culture
. - ↑ McFarlane, Ian (1999). "Encyclopedia entry for 'Yothu Yindi'". Encyclopedia of Australian Rock and Pop. Allen & Unwin. ISBN 1-86448-768-2. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2004. Consultado o 5 de xuño de 2013.
- ↑ Lewis, Wendy (2010). Australians of the Year. Pier 9 Press. ISBN 978-1-74196-809-5.
- ↑ Australian of the Year. National Australia Day Council (ed.). "M Yunupingu". Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "Yothu Yindi frontman Yunupingu dies aged 56". ABC News. 6 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xuño de 2013.