Manuel Guzmán
Aparencia
(Redirección desde «Manuel Guzmán García»)
Nome orixinal | (es) Manuel Guzmán García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1878 Errenteria, España |
Morte | 31 de agosto de 1936 (57/58 anos) Campo da Rata, España |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Izquierda Republicana 3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , comerciante |
Partido político | Izquierda Republicana |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Guzmán García, nado en Errenteria en 1878 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como carabineiro durante 12 anos e despois dedicouse ao comercio. Animado polo seu amigo Santiago Casares Quiroga, afiliouse a Izquierda Republicana e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde foi detido o 27 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Regreso al lugar del crimen en La Voz de Galicia
- Ficha del Congreso de los DiputadosArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Manuel Guzmán na base de datos do proxecto Nomes e voces.