Mar Arxentino
Mar Arxentino | |
---|---|
Mar Argentino | |
Localización administrativa | |
Estado | Arxentina |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | América |
Coordenadas | 46°S 63°O / -46, -63Coordenadas: 46°S 63°O / -46, -63 |
Xeografía | |
Illas interiores | Illas Malvinas, Arquipélago de Terra de Fogo |
Afluentes | Río da Prata, Río Colorado, Río Negro, Río Chubut, Río Deseado |
Características | |
Superficie | 1.782.500 km² |
Anchura máxima | 210-850 km. |
Profundiade máxima | 2.224 m. |
Profundidade media | 200 m. |
Outros datos | |
Costas | 4.725 km. |
Mapa | |
O mar arxentino[1][2][3] é un sector do océano Atlántico que cobre a plataforma continental adxacente ás costas da República Arxentina. Definido como unha rexión ecolóxica, o mar arxentino é un mar epicontinental, e comprende a zona desde a boca do estuario do Río da Prata polo norte (paralelo 35º Sur) ata a illa dos Estados polo sur, e desde a costa arxentina ata a isobata dos 200 metros de profundidade, que inclúe ás illas Malvinas.[4] Definido como un límite político, coincide coa zona económica exclusiva definida pola Arxentina na súa porción continental e as illas Malvinas, incluíndo parte do banco Namuncurá ou Burdwood (aproximadamente 56º 30' Sur). É dicir ata as 350 millas náuticas (370´4 km) da liña de base costeira.[5] O seu ancho varía entre 210 quilómetros fronte ao Mar da Prata e 850 na latitude das Illas Malvinas. A liña costeira prolóngase por 4.725 km.[6] Ao leste do Mar Arxentino esténdese a aínda máis extensa e moito máis profunda conca Arxentina.
Mar arxentino
[editar | editar a fonte]O nome mar arxentino refírese a unha porción do mar da Arxentina, sendo este último o conxunto do espazo marítimo arxentino.
O explorador romanés Julio Popper foi o primeiro en empregar o nome "Mar Arxentino", cando en 1891 publicou un mapa denominado "Terra do fogo segundo as exploracións efectuadas polo enxeñeiro Julio Popper (1886 -1891)".[7] Popper denominou mar arxentino a:
«(...) a extensión marítima innombrada que baña o extremo sur da República e que se estende desde a illa dos Estados ao cabo de Fornos e desde a canle Beagle ao Atlántico occidental' '.
O nome estendeuse pouco despois ata abarcar todas as costas continentais arxentinas. A área mencionada por Popper, que era a área na zona sur de Terra do fogo, recibiu o nome de mar da Zona Austral como consecuencia da aprobación do Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile de 1984, pero segue sendo frecuentemente incluído como parte do Mar Arxentino.
A Organización Hidrográfica Internacional non incluíu o Mar da Arxentina dentro da súa publicación "Límites de océanos e mares" de 1953,[8] e a súa existencia como tal é rexeitada polo Reino Unido, país que mantén un litixio coa Arxentina pola soberanía das Illas Malvinas. Fóra da Arxentina, nos países onde predominan a cartografía marítima con nomes en inglés, o nome Mar Arxentino é pouco usado e a rexión é referida simplemente, descoñecendo os límites físicos concretos que posúe o Mar Arxentino, como unha parte máis do océano Atlántico na súa sección sur.
En 2009, durante o goberno de Cristina Fernández de Kirchner, a Chancelería arxentina presentou ás Nacións Unidas unha petición de expansión da plataforma continental, que abarca unha área de 1.782.500 quilómetros cadrados, equivalente a máis da metade do territorio emerxido, aplicando as regras establecidas na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar (CONVEMAR). A área reclamada tamén corresponde coa zona na que se atopan as Illas Malvinas e outras illas do Atlántico Sur sobre as que a Arxentina mantén unha disputa de soberanía con Gran Bretaña. En marzo de 2016 as Nacións Unidas aprobaron a petición arxentina por unanimidade,[9][10][11] pasando dos 990.000 quilómetros cadrados a 1.782.500 quilómetros cadrados de mar arxentino.
Biodiversidade
[editar | editar a fonte]O mar arxentino é un dos mares máis templados do mundo. Recibe o frío da corrente das Malvinas desde o sur, que provén da Antártida e a cálida corrente do Brasil desde o norte.[12]
O mar arxentino ten doce áreas identificadas como lugares de gran biodiversidade. Existen dúas áreas protexidas internacionalmente, unha nacional e dezaoito provinciais.[12]
O mar arxentino ten plancto, algas, crustáceos, sardiñas e anchoas. que alimentan a fauna máis avanzada como pingüíns, cormoráns, quenllas, baleas, golfiños, marsopas, focas, leóns mariños e elefantes mariños.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dos celosos frente al mar. Pág. 116. Escrito por Nicolás Salom Franco, Pontificia Universidad Javeriana Facultad de Ciencias Jurídicas. Publicado por Pontificia Universidad Javeriana, 2003. ISBN 9586836045, 9789586836043
- ↑ Documento del gobierno de Estados Unidos mencionando el Argentine sea
- ↑ Latin America. Pág. 31. Escrito por Foundation for International Environmental Law and Development. Publicado por Blackwell, 1996
- ↑ "SITUACIÓN AMBIENTAL EN LA ECORREGIÓN DEL MAR ARGENTINO. Por: Claudio Campagna I, Carlos Verona II y Valeria Falabell" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2013. Consultado o 22 de setembro de 2018.
- ↑ "El mar des-protegido: zonificación y conservación de la biodiversidad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2010. Consultado o 26 de decembro de 2010.
- ↑ Manual de manejo costero para la provincia de Buenos Aires. Pág. 23. Escrito por Federico Isla, Federico Ignacio Islas y Carlos A. Lasta (Eds.), Carlos A. Lasta. Colaborador Carlos A. Lasta, Universidad Nacional de Mar del Plata Staff. Edition: illustrated. Publicado por EUDEM, 2006. ISBN 987-544-182-1, 9789875441828
- ↑ Julio Popper, personaje judío interesante. Por Fernando E. Kazakevich. Edición Ana Perez. Consultado el 3-11-2010
- ↑ "Limits of ocean and seas. Special publications N° 23. 3° Edition - 1953" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 08 de outubro de 2011.
- ↑ "El límite más extenso de la Argentina y nuestra frontera con la humanidad" (PDF). COPLA. 2016.
- ↑ "Límite exterior de la plataforma continental. Presentación argentina" (PDF). Presidencia de la Nación Argentina. 2009.
- ↑ "Argentina suma territorio". Infobae. 27 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2016.
- ↑ 12,0 12,1 Ecorregión Mar Argentino Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Arxentino |