Mar de Tracia
Mar de Tracia | |
---|---|
Θρακικό Πέλαγος - Thrakikó Pélagos -Trakya Denizi | |
Localización administrativa | |
Estado | Grecia Turquía |
División | Periferias de Macedonia Central, Macedonia Oriental e Tracia e Exeo setentrional (GRE) Rexión do Mármara (TUR) |
Subdivisión | Prefecturas de Kavala, Calcídica, Tesalónica, Ródope, Xanti, Hebros e Lesbos (GRE) Provincias de Edirne, Tekirdağ e Çanakkale (TUR) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Exeo (mar Mediterráneo) |
Continente | Europa - Asia |
Características | |
Mapa | |
Mapa do mar Exeo, o mar de Tracia atópase na parte superior. | |
O mar de Tracia (grego Θρακικό Πέλαγος, Thrakikó Pélagos, en turco Trakya Denizi) é un mar epicontinental na parte setentrional do mar Exeo, que baña as costas gregas de Macedonia e Tracia, e a parte nororiental de Turquía. De oeste a leste, esténdese desde a península do Monte Athos, á Calcídica, ata a península de Gallípoli aos Dardanelos. citase o paralelo 40°N como o límite meridional, coas illas de Lemnos e Ténedos (Bozcaada). Ademais, inclúe as illas de Tasos, Samotracia e Imbros (Gökçeada).
Forma diversos entrantes na costa, como os golfos de Ierisos e o Estrimónico, na parte occidental; o golfo de Kavala, na costa norte, e o Saros, na parte oriental.
No mar de Tracia desembocan os ríos Estrimón, Nestos e Evros ou Meriç, marcando este último a fronteira entre Grecia e Turquía.
Os principais portos están nas cidades gregas de Alexandrópolis, Kavala e Tasos. Hai unha estación balnearia, chamada Loutra Eleftheron, preto de Kavala.
Referencias
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Tracia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Mar Exeo
- Mar de Creta, parte meridional do mar Exeo