Maria Machado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1937 (86 anos) Karlsruhe |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Lingua | Lingua francesa |
María Machado, nada o 16 de outubro de 1937 en Karlsruhe (Baden-Württemberg, Alemaña nazi), é unha actriz e directora de teatro franco-alemá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de tres anos de teatro de repertorio en varias cidades alemás, trasladouse a París en 1965. Na capital francesa coñeceu a actriz Tania Balachova, quen a introduce no teatro francés. En 1969, Roland Dubillard creou un papel para ela en Le Jardin aux betteraves. Dende entón, fixéronse socios no escenario e compañeiros de vida.
Dende 1987, tras o ictus de Dubillard, Maria Machado encargouse de difundir a obra deste a un público máis amplo. A través dela, a editora Gallimard publicou os Carnets en marge, 50 ans de journal en 1998. As pezas de teatro, a poesía e outras obras foron reeditados pola mesma editora.
En 2008 e 2009 exerceu de observadora en Varsovia dos ensaios de Krzysztof Warlikowski da súa creación para o festival de Aviñón, (A)pollonia. En 2009 e 2010 liderou unha estadía de intérpretes residentes na rexión de Illa de Francia para a montaxe dunha nova obra, Héraclès, do autor estadounidense William Page.
Teatro
[editar | editar a fonte]Como directora
[editar | editar a fonte]- Les Crabes (1995)
- Je dirai que je suis tombé (1998)
- Iphigenia (2002)
- Si Camille me voyait... (2004)
- La Boîte à outils (2006)
- Le Bain de Vapeur (2008)
- Héraclès (2010)
Como actriz
[editar | editar a fonte]- Le Grand Cérémonial (1966)
- Un parfum de fleurs (1967)
- Antigone (1967)
- Le Jardin aux betteraves (1969)
- Massacrons Vivaldi (1970)
- Les Crabes (1970)
- Haggerty où es-tu ? (1971)
- ...où boivent les vaches (1972)
- Le Bain de vapeur (1976)
- La Culotte d’une jeune femme pauvre (1978)
- Chacun sa vérité (1981)
- Bag Lady (1983)
- Chiens sous la minuterie (1986)
- La Venexiana (1986)
- Les Crabes (1995)
- Je dirai que je suis tombé (1998)
- Concetti (1999)
- Denn wie man sich bettet, so liegt man… (2003)
- Fragmentos de Madame fait ce qu’elle dit (2004)
- Les Crabes ou les Hôtes et les Hôtes (2004)
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]- Monsieur le président-directeur général (1966)
- Paris brûle-t-il ? (1966)
- La Promesse de l'aube (1970)
- Le Moine (1973)
- Rosebud (1975)
- Anthracite (1980)
- Charlotte S. (1981)
- L’Été meurtrier (1983)
- Derborence (1985)
- Natalia (1989)
- Tchin-Tchin (Cin Cin) (1991)
- Transit (1991)
- Le Loup-garou de Paris (1997)
Televisión
[editar | editar a fonte]- Combat !, episodio Missing in Action (1962)
- The Gallant Men, épisode Operation Secret (1963)
- 77 Sunset Strip, épisode Our Man in Switzerland (1963)
- Chapeau melon et bottes de cuir (The Avengers), épisode Two's a Crowd (1965)
- Allô Police, épisode Brelan d'as (1967)
- Face aux Lancaster (1971)
- Naïves Hirondelles de Michel Genoux (1975)
- Deux amies d'enfance (1983)
- Contes clandestins (1985)
- The Making of Dances with Wolves (1989)
- Taxi Girl (1992)
Tamén fixo varios telefilmes alemáns, como Ein unruhiges Jahr, de Kristian Kühn, ou Eine kleine Liebe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dubillard, Roland. "Maria Machado". roland-dubillard.fr (en francés). Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maria Machado na IMDb (en inglés).