Melania Trump
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.[1] Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829).
Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura. En relación con Trump, ela continuou a súa carreira como modelo mentres realizaba obras de caridade.[2] Fala esloveno, serbio, italiano, francés, alemán e inglés.[3] A súa relación amorosa con Trump presentouse no reality show The Apprentice en 2004 e casaron o 22 de xaneiro de 2005.[4] Froito deste matrimonio naceu o seu único fillo: Barron (2006).
O 18 de xullo de 2016, protagonizou un escándalo por pronunciar na convención republicana un discurso que o seu asistente en parte plaxiara do pronunciado por Michelle Obama (primeira dama dos Estados Unidos nese momento) na convención demócrata en 2008.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Melania Knauss". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2016.
- ↑ "Melania Trump". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2016.
- ↑ Youtube
- ↑ "Melania Knauss Trump Biography" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2016.
- ↑ O Mundo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melania Trump |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (arquivada o 1 de marzo de 2012)
- The Fashion Model Directory