Melissa Farley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | San Francisco |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Iowa Universidade Estatal de San Francisco Mills College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | psicóloga , investigadora |
Melissa Farley, nada en 1942, é unha psicóloga clínica estadounidense, investigadora e feminista en contra da pornografía e a prostitución.[1][2][3][4][5] Farley é coñecida polos seus estudos sobre os efectos da prostitución, trata de persoas e violencia sexual. É fundadora e directora da organización Prostitution Research and Education en San Francisco, nos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Farley traballou para axencias, gobernos, centros médicos e defensores das mulleres en prostitución e vítimas de trata de persoas. Estes grupos inclúen a Organización das Nacións Unidas, o Medical Examining Board de California, o Departamento de Estado dos Estados Unidos, o Centro de Estudos Indíxenas do Mundo (CWIS), a Minnesota Indian Women's Sexual Assault Coalition, Refuge House, Breaking Free, Veronica's Voice e o Cambodian Women's Crise Center. Farley ten 50 publicacións no eido de violencia contra as mulleres, a maioría eles acerca da prostitución, a pornografía e o tráfico de mulleres. A súa investigación foi utilizada por gobernos en Suráfrica, o Canadá, Francia, Nova Zelandia, Ghana, Escocia, Suecia, o Reino Unido e os Estados Unidos para desenvolver educación e políticas sobre a prostitución e o tráfico humano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CV 2016 (pdf).
- ↑ "Slick S.F. posters advocate decriminalizing prostitution". San Francisco Media Company.
- ↑ "Many prostitutes suffer combat disorder, study finds". The New York Times Company.
- ↑ "Prostitution: The oldest use and abuse of women" 24 (5). off our backs, inc. JSTOR 20834769.
- ↑ "Sober forum, street theater on prostitution ballot issue". Hearst Corporation.