Michelle Obama
Michelle LaVaughn Robinson Obama, nada o 17 de xaneiro de 1964 en Chicago, é unha avogada estadounidense, dona de Barack Obama e ex primeira dama dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Michelle Robinson naceu e medrou no seo dunha familia de clase media no sur da cidade de Chicago. Gradouse na Universidade de Princeton e na Harvard Law School para volver a Chicago a traballar co bufete Sidley Austin, onde coñeceu ó seu home. Despois traballou no equipo do alcalde de Chicago Richard M. Daley e no Centro Médico da Universidade de Chicago. Ó longo de 2007 e 2008 axudou na campaña presidencial do seu marido e pronunciou un discurso na Convención Nacional Demócrata de 2008. É nai de dúas fillas, Malia e Sasha, e é irmá de Craig Robinson, adestrador do equipo de baloncesto masculino da Universidade do Estado de Oregón.