Moisés Rodríguez Pérez
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1971 (53 anos) Tui, España |
Alcalde de Tui | |
2011 – 2015 ← Antonio Fernández Rocha – Enrique Cabaleiro González → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tui |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Moisés Rodríguez Pérez, nado en Tui o 5 de marzo do 1971, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Tui dende o 2011 ata o 2015.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi elixido concelleiro en Tui do PPdeG en 1995. Foi un dos concelleiros populares que en febreiro de 1998 apoiou ao tamén edil conservador Antonio Fernández Rocha nunha moción de censura contra o alcalde do seu partido Miguel Ángel Capón Rey. Volveu a ser concelleiro en 1999 baixo a lista independentes de CPT encabezada por Rocha e coa que mantiveron o goberno logrado na moción de censura. En 2003 regresaron ao PPdeG e volveu a ser concelleiro, ao igual que en 2007, mantendo en ambas ocasións o goberno.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Tui en substitución de Rocha e foi elixido alcalde por maioría absoluta[1]. Non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, e deixou a política municipal tras 20 anos nela.[2].
En febreiro de 2017 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia[3], tras haber concorrido nas listas do PPdeG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que tampouco saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[4].
Predecesor: Antonio Fernández Rocha |
Alcalde de Tui 2011 - 2015 |
Sucesor: Enrique Cabaleiro González |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Tui anuncia consenso y pide a toda la corporación trabajo en conjunto
- ↑ El alcalde de Tui no se presentará a las municipales
- ↑ AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural
- ↑ T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.