Nelson Pereira dos Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1928 São Paulo, Brasil |
Morte | 21 de abril de 2018 (89 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Causa da morte | cancro de fígado |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Institut des Hautes Études Cinématographiques (pt) Universidade de São Paulo |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , montador , guionista , actor |
Membro de | |
Interesado en | Graciliano Ramos |
Movemento | Cinema Novo |
Lingua | Lingua portuguesa, portugués do Brasil e lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Ney Santanna (pt) |
Premios
| |
Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado no Río de Xaneiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas do Río de Xaneiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.
O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como Era Gostoso o Meu Francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín.[1] Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambas contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme A Terceira Margem do Rio.[2]
En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.
Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006.[3] Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1949 - Juventude (curtametraxe)
- 1955 - Rio, 40 Graus
- 1957 - Rio, Zona Norte
- 1961 - Mandacaru Vermelho
- 1962 - Boca de Ouro
- 1963 - Vidas Secas
- 1967 - El Justicero
- 1968 - Fome de Amor
- 1970 - Azyllo Muito Louco
- 1971 - Como Era Gostoso o Meu Francês
- 1972 - Quem é Beta?
- 1974 - O Amuleto de Ogum
- 1977 - Tenda dos Milagres
- 1980 - Na Estrada da Vida con Milionário & José Rico
- 1982 - Missa do Galo (curta-metragem)
- 1984 - Memórias do Cárcere
- 1987 - Jubiabá
- 1994 - A Terceira Margem do Rio
- 1995 - Cinema de Lágrimas
- 1998 - Guerra e Liberdade - Castro Alves em São Paulo
- 2000 - Casa Grande & Senzala (serie documental para televisión)
- 2001 - Meu Cumpadre Zé Keti (curtametraxe)
- 2004 - Raízes do Brasil (documental)
- 2006 - Brasília 18%
- 2009 - Português, a Língua do Brasil (documental)
- 2012 - A Música segundo Tom Jobim (documental)
- 2012 - A Luz do Tom (documental)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IMDB.com: Awards for How Tasty Was My Little Frenchman". imdb.com. Consultado o 2010-03-13.
- ↑ "Berlinale: 1994 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 2011-12-29.
- ↑ "Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos" (en Portuguese). O Globo. 21 April 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2018. Consultado o 21 April 2018.
- ↑ "Morre aos 89 anos o cineasta Nelson Pereira dos Santos". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2018. Consultado o 22 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Darlene J. Sadlier: Nelson Pereira dos Santos (Contemporary Film Directors), University of Illinois Press, 2003, ISBN 0-252-07112-3