O discreto engado da burguesía
O discreto engado da burguesía | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le Charme discret de la bourgeoisie |
Director | Luis Buñuel |
Produtor | Serge Silberman |
Guión | Luis Buñuel Jean-Claude Carrière |
Estrea | 15 de setembro de 1972 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Francia Italia España |
Lingua | francés |
Na rede | |
O discreto engado da burguesía (en francés Le Charme discret de la bourgeoisie) é un filme francés de 1972 dirixido polo realizador español Luis Buñuel. Como en moitas das súas longametraxes pódense observar escenas propias do surrealismo. Na 45ª edición dos Oscar gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e foi candidato ao premio ao mellor guión orixinal.[1]
Foi estreado en galego pola TVG o 4 de maio de 1991.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]Don Rafael Acosta, embaixador de Miranda, o matrimonio Thévenot e Florence, irmá de Madame Thévenot, están invitados a cear na casa do matrimonio Sénechal. Non obstante, hai unha confusión e Monsieur Sénechal saíu a outra cita. Como alternativa, propóñense ir a un restaurante próximo, mais ao chegaren descobren de que o dono do establecemento morreu. A partir dese momento as reunións do selecto grupo de burgueses vense interrompidas por unha serie de sucesos extraordinarios, algúns reais e outros produto da súa imaxinación.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Fernando Rey como Don Rafael
- Paul Frankeur como M. Thevenot
- Delphine Seyrig como Madame Thevenot
- Bulle Ogier como Florence
- Stéphane Audran como Alice Senechal
- Jean-Pierre Cassel como M. Senechal
- Julien Bertheau como Dufour
- Milena Vukotic como Ines
- Maria Gabriella Maione como Guerilla
- Claude Piéplu como Coronel
- Muni como Peasant
- Pierre Maguelon como sarxento de policía
- François Maistre como Delecluze
- Michel Piccoli como ministro
Produción
[editar | editar a fonte]Tras anunciar que Tristana (1970) sería o seu último filme,[3] porque sentía que se repetía, Buñuel reuniuse co seu guionista Jean-Claude Carrière e discutiu sobre o tema da repetición. Pouco despois o produtor Serge Silberman faloulle dunha anécdota, na que esquecera unha cea e fora sorprendido por seis amigos esfameados que se atopaban na súa porta. Buñuel sentiuse de súpeto inspirado e Silberman acordou darlle 2000 dólares para escribir o guión con Carrière, combinando a anécdota coa idea da repetición. Escribiron a primeira versión en tres semanas e acabaran a quinta no verán de 1971. Silberman conseguiu os cartos para o filme en abril de 1972 e comezou a preprodución.[4][5]
Buñuel contratou varios actores cos que xa traballara como Fernando Rey e Michel Piccoli. A rodaxe comezou o 15 de maio de 1972 e durou dous meses. O director rodou poucas tomas e mesmo montaba o filme na cámara e durante a produción. Buñuel e Silberman tiveron unha discusión longa e humorística sobre se Buñuel tardaba un día ou día e medio en montar os seus filmes.[6]
Premios
[editar | editar a fonte]Notando que tiña un filme especial, Silberman decidiu non agardar ata maio para estrear o filme no Festival de Cannes, senón que o fixo no outono de 1972 para facelo elixible para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Buñuel era célebre pola súa indiferenza polos premios e bromeou cun xornalista que xa pagara 25 000 dólares para gañar o Oscar. Finalmente si o gañou e Silberman aceptou o premio en nome de Buñuel. A petición da Academia, o director posou para unha fotografía sostendo o Óscar, mais levaba posta unha perruca e uns lentes xigantes.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 45th Academy Awards (1973) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 30-11-2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 4 de maio de 1991. Páx. 62
- ↑ Wakeman, John. World Film Directors, Volume 1. The H. W. Wilson Company. 1987, p. 88.
- ↑ Baxter, John. Buñuel. New York: Carroll & Graf Publishers, Inc.. 1994. ISBN 0-7867-0506-X. p. 299.
- ↑ Wakeman, pp. 88-89.
- ↑ Baxter, p. 301.
- ↑ Baxter, p. 302.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 45ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kinder, Marsha (1999). Luis Buñuel's The Discreet Charm of the Bourgeoisie (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-56831-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo de Carlos Fuentes en Criterion Collection Arquivado 05 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- Crítica Arquivado 05 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. de Roger Ebert