Petteri Koponen
Helsinki Seagulls | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1988 (36 anos) Helsinqui |
Nacionalidade | Finlandia |
Altura | 1,94 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 88 kg (194 lb) |
Posición | Base / Escolta |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 30 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 2004 |
Historial de equipos | |
Tapiolan Honka (2004–2008) |
Petteri Johannes Koponen, nado o 13 de abril de 1988 en Helsinqui, é un xogador profesional de baloncesto finlandés que xoga para o Helsinki Seagulls finlandés. Cunha estatura de 1,94 metros xoga nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 2007, Koponen foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers. Foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio da 42ª elección, Derrick Byars. O 23 de xuño de 2011, os dereitos de Koponen foron traspasados ós Dallas Mavericks a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.
O 16 de agosto de 2016, Koponen asinou un contrato de tres anos co FC Barcelona da Liga ACB.[1] O 29 de xuño de 2018, Koponen e o Barcelona decidiron rematar o contrato que os unía.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Petteri Koponen signed with Barcelona". EuroHoops. 16 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ "Agreement for the release of Vezenkov, Diagné and Koponen | FC Barcelona". FC Barcelona. 29 de xuño de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2018.