Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Pier Maria Baldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPier Maria Baldi
Biografía
Nacemento1630 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1686 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , arquitecto Editar o valor em Wikidata

Pier Maria Baldi, tamén coñecido coma Piero Maria Baldi,[1] nado en Florencia en 1630 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1686, foi un arquitecto e pintor barroco italiano, acompañante de Cosimoe III de Medici, na viaxe que realizou polos Países Baixos, Francia e a Península Ibérica, incluída Galiza, entre 1668 e 1669, da cal deixou un rico conxunto de debuxos con vistas panorámicas das cidades e lugares polos que pasou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seguidor e quizais discípulo de Baldassare Franceschini, chamado il Volterrano, gozou da protección dos Médici. En 1667 o gran duque Fernando II de Médici escribiu a Gian Lorenzo Bernini recomendando a Baldi, a quen presentaba coma mozo florentino «assai ben avanzato nel disegno en el colorito», para que o axudase nos estudos de pintura e arquitectura que se propuña realizar en Roma.Chiarelli1963-2">[2] Un ano despois viaxou pola Península Ibérica e Francia no séquito de Cosimo III de Medici, herdeiro do Gran Ducado de Toscana. Baldi debuxou á augada sepia vistas panorámicas de cada unha das poboacións en que parou a comitiva para acompañar o relato da viaxe, redactado por Lorenzo Magalotti. Conservados en dous volumes gardados na Biblioteca Mediceo-Laurenciana de Florencia, os rápidos esbozos de Baldi, nos cales se evidencia a súa formación como arquitecto, superan en realismo e capacidade descritiva a narración oficial da viaxe realizada por Magalotti.Sánchez_RiveroMariutti_de_Sánchez_Rivero1933-3">[3]

No que respecta a Galiza, unha edición facsímile corada áchase no Arquivo Municipal da Coruña.[4] Antonio Bonet Correa salienta o carácter excepcional que teñen as vistas das cidades galegas, sendo as acuarelas de Baldi os únicos testemuños debuxados ou pintados que se conservan da Idade Moderna.[5] A propia vista da Coruña inspirou o mural de Urbano Lugrís realizado na década de 1950 e declarado Ben de Interese Cultural en 2017.[6] Alén disto, Baldi foi un dos primeiros autores que representou o escudo de Galiza coa cruz de Santiago acolada, fórmula que perdurou até o século XX.[7]

Cidade de Tui, acuarela de Pier Maria Baldi, 1669.
Embaixo á esquerda debúxase o propio artista esbozando en vivo.Gómez_IparraguirreMera_ÁlvarezVigo_Trasancos2004610-8">[8]

Son estes debuxos o máis salientábel da súa obra, na realidade escasa e mal coñecida. En 1680 foi nomeado capataz das obras granducais en Pisa e Livorno, mais do seu traballo como arquitecto tan só se coñece a construción dunha fonte monumental deseñada por el na praza de Santa Croce de Florencia, remodelada no século XIX. Da súa pintura, perdido o retrato do cardeal Leopoldo de Médici do cal hai rexistro documental, resta a pintura dun altar coa Virxe do Rosario e santo Domingo na igrexa suprimida de Santo Domingo al Maglio e un fresco co bautismo de santo Agustín no claustro de Santo Spirito.Chiarelli1963-2">[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Galicia en 1669". Amigos do Arqueolóxico. 24 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2020.