Este portal reúne os artigos de temática histórica disponíbeis na Galipedia, a Wikipedia en galego. Permite acceder de maneira doada a toda esta información ao tempo que aúna os esforzos dos colaboradores que pretenden mellorar os artigos relacionados con esta área de coñecemento. Actualmente xa temos máis de 30.000 artigos relacionados coa Historia.
O Imperio Bizantino, ou Imperio Romano de Oriente, foi un imperiocristiánmedieval de cultura grega cuxa capital estaba en Constantinopla ou Bizancio (actual Istambul). As orixes do Imperio Bizantino remóntanse á etapa final do Imperio Romano. Inicialmente abarcaba todo o Mediterráneo oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
Pedro Álvarez de Soutomaior, alcumado Pedro Madruga, talvez finado en Alba de Tormes en 1486, foi unha das figuras máis salientables do medievo galego, considerado hoxe o prototipo de cabaleiro feudal. De orixe bastarda, foi un home belicoso que chegou ao máis alto escalafón da liñaxe dos Soutomaior. Temido e admirado, os ecos dos seus feitos promoveron centos de estudos sobre a súa figura e mais o seu tempo. Foi un acérrimo inimigo de Alonso II de Fonseca e defensor dos dereitos sucesorios de Xoana a Beltranexa.