Prins Karls Forland
Prins Karls Forland | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa do arquipélago | |
Situación | |
País | Noruega |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 78°34′13″N 11°7′25″L / 78.57028, -11.12361Coordenadas: 78°34′13″N 11°7′25″L / 78.57028, -11.12361 |
Xeografía | |
Superficie | 615 km² |
Longura máxima | 86 km. |
Largura máxima | 11 km. |
Punto máis alto | 1.084 m. Monacofjellet |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa Príncipe Carlos Forland (en noruegués: Prins Karls Forland o Forlandet), é unha illa do océano Ártico, que forma parte do arquipélago de Svalbard. A illa está directamente ao oeste da Terra de Óscar II (Oscar II Land) en Spitsbergen e constitúe a parte occidental de Svalbard. Toda a illa e a zona marítima circundante constitúe o Parque nacional Forlandet (Forlandet nasjonalpark).
Historia
[editar | editar a fonte]A illa avistouse por primeira vez polo explorador neerlandés Willem Barents en 1596. En 1610, o explorador inglés Jonas Poole chamouna "Illa Punto Negro" (Black Point Isle). En 1612 os baleeiros ingleses referíanse á illa como (Prince Charles Foreland), polo fillo do Rei James, Carlos ou Charles (máis tarde rei de Inglaterra e Escocia). Os neerlandeses chamárona Illa Kijn, por un comerciante, que, subindo a un escarpado outeiro en 1612, caeu e rompeuse o pescozo. Os ingleses construíron unha estación temporal da caza de baleas na punta norte da illa, coñecida por eles como Fair Foreland (hoxe Fuglehuken).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prins Karls Forland |