Provincia de Madang
A Provincia de Madang é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Madang. Cunha área total de 29.000 km2 ten unha poboación de 365.106 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 12,6 habitantes por quilómetro cadrado.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ao sur atópase a cordilleira Bismarck, con alturas superiores aos 4.000 metros. O Monte Wilhelm, a montaña máis alta de Papúa Nova Guinea con 4.509 metros, encóntrase nesta cordilleira. Tamén no sur, o val do Ramu separa a Cordilleira Bismarck da Cordilleira Finisterre, no sueste da provincia.
As montañas son ricas en árbores provedoras de madeira. O bosque recibe continuas choivas, mentres que a planicie costeira de Vallery está aberta e con palmeiras.
As illas próximas á costa do mar son, nalgúns casos, volcánicas.
Economía
[editar | editar a fonte]A provincia é a terceira produtora de cacao e de copra e a segunda potencia gandeira, mais é unha provincia moi pouco desenvolvida.
Distritos
[editar | editar a fonte]Esta provincia fracciónase en varios distritos:
- Bogia
- Madang
- Middle Ramu
- Rai Coast
- Sumkar
- Usino Bundi