Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Querofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A querofobia, tamén coñecida como aversión á felicidade ou medo a ser feliz,[1] é unha actitude cara a felicidade que provoca que un individuo trate de evitar experiencias que poden producir emocións positivas e felicidade.[2][3][4]

Unha das principais razóns que provocan o desenvolvemento da querofobia é a falsa crenza de que, se es feliz, algo negativo acontecerá para balancear esa alegría, como se a súa satisfacción merecera un castigo. Esta fobia parece ser máis común nas culturas orientais. En occidente, «tenden a ver a felicidade como un dos valores máis importantes que guían as vidas das persoas e que deben perseguir» xa que estas están máis influenciadas polo impulso de maximizar a felicidade (carpe diem) e minimizar a pena. Se unha persoa non parece externamente feliz pode preocupar as persoas ao seu redor, e que a persoa no estea feliz tende a implicar unha consulta a un psicólogo para tratar de mellorar.[5][6] O valor que se outorga á felicidade pode verse a través da psicoloxía positiva occidental ou a través da investigación sobre o benestar subxectivo.

O medo á felicidade está asociado ás crenzas sobre a súa fraxilidade. Alguen pode ter medo á felicidade cando pensa que está en perigo e pronto a perderá.[7] A investigación mostra que o medo á felicidade está asociado cos estilos de apego evitativo e ansioso.[8]

As malas experiencias pasadas e os traumas son outras razones que poden estar detrás do medo dunha persoa á felicidade.[1]

Tamén poden rexesitar ser felices mentres outros sofren.[9] É unha actitude similar á reflectida na famosa frase de Theodor Adorno («Escribir poesía despois de Auschwitz é un acto de barbarie»),[10] e igual de equivocada, porque despois de Auschwitz a abundante escritura de poesía non se pode describir como unha barbarie, especialmente se a comparamos con auténticas barbaries da historia (por exemplo o genocidio de Ruanda, o de Bosnia ou o dos rohingyas).

Factores culturais

[editar | editar a fonte]

Joshanloo e Weijers identifican 4 motivos para a aversión á felicidade:

  1. a creenza de que a felicidade provocará cousas malas;
  2. que unha persoa feliz tende a volverse unha mala persoa;
  3. que expresar a felicidade é, dalgún xeito, malo para quen a expresa e para outros;
  4. que perseguir a felicidade é malo para quen a persigue e para outros.

Por exemplo, «algunhas persoas —en culturas occidentais e orientais— son precavidas ante a felicidade porque creen que cousas malas, como infelicidade, sufrimento ou morte, tenden a acontecer ás persoas felices».

Estes descubrimentos «poñen en cuestión a idea de que a felicidade é o fin último das persoas, unha crenza que se repite en innumerables artigos e publicacións de autoaxuda sobre qué elección é máis probable que te fagan feliz». Ademais «en culturas onde a felicidad mundanal está asocia co pecado, a superficialidade e a degradación moral, a gente sentirase menos satisfeita cando a súa vida estea bien». Por esta razón pode resultar erróneo tomar directamente as medidas de felicidade persoal como un marcador da satisfacción coa vida. Actitudes coma aversión á felicidad podenter implicacións importantes para medir a felicidade en diferentes culturas e ordenar de maior a menor os países segundo as súas puntuacións de felicidade

O medo á felicidade pode considerarse un exemplo concreto do diferente que pode ser, segundo a cultura, o afecto ideal (descrito pola teoría de valoración dos afectos),[11][12] polo cal as culturas varían dependendo de cómo valoran e experimentan emocións diferentes.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

A querofobia pode remediarse con psicoterapia e terapia cognitivo-comportamentais.[1][13]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ana Zarzalejos e Lindsay Dodgson (9 de maio de 2018). "Cómo saber se sofres querofobia, o medo a ser feliz". Business Insider. 
  2. Joshanloo, M.; Lepshokova, Z. K.; Panyusheva, T.; Natalia, A.; Poon, W.-C.; Yeung, V. W.-l.; Sundaram, S.; Achoui, M.; Asano, R. (2013-10-03). "Cross-Cultural Validation of Fear of Happiness Scale Across 14 National Groups". Journal of Cross-Cultural Psychology 45 (2): 246–264. doi:10.1177/0022022113505357. 
  3. Joshanloo, Mohsen; Weijers, Dan (2013-12-15). "Aversion to Happiness Across Cultures: A Review of Where and Why People are Averse to Happiness". Journal of Happiness Studies 15 (3): 717–735. doi:10.1007/s10902-013-9489-9. 
  4. Mosby (2016-04-29). Mosby's Medical Dictionary (en inglés). Elsevier Health Sciences. ISBN 9780323414265. 
  5. "¿Por qué no soy feliz?". 
  6. Mariana Álvarez (8 de febreiro de 2018). "¿Por qué no soy feliz?". 
  7. Joshanloo, Mohsen; Weijers, Dan; Jiang, Ding-Yu; Han, Gyuseog; Bae, Jaechang; Pang, Joyce S.; Ho, Lok Sang; Ferreira, Maria Cristina; Demir, Melikşah (2015-10-01). "Fragility of Happiness Beliefs Across 15 National Groups". Journal of Happiness Studies 16 (5): 1185–1210. doi:10.1007/s10902-014-9553-0. 
  8. Joshanloo, Mohsen (2018). "Fear and fragility of happiness as mediators of the relationship between insecure attachment and subjective well-being". Personality and Individual Differences 123: 115–118. doi:10.1016/j.paid.2017.11.016. 
  9. Aurelio Campoy Ramos (16 de abril de 2010). "La Suma". 
  10. Ibarlucía, Ricardo (1999). "Simiente de lobo: Celan, Adorno y la poesía después de Auschwitz". Trans/Form/Ação. doi:10.1590/S0101-31731999000100011. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  11. Tsai, Jeanne L.; Louie, Jennifer Y.; Chen, Eva E.; Uchida, Yukiko (2007). "Learning What Feelings to Desire: Socialization of Ideal Affect Through Children's Storybooks". Personality and Social Psychology Bulletin 33 (1): 17–30. doi:10.1177/0146167206292749. 
  12. Tsai, Jeanne L (outubro de 2017). "Ideal affect in daily life: implications for affective experience, health, and social behavior". Current Opinion in Psychology 17: 118–128. PMC 5659332. doi:10.1016/j.copsyc.2017.07.004. 
  13. María Hoyos (14 de marzo de 2019). "Querofobia, el miedo irracional a ser feliz". La mente es maravillosa. 

Véase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]