Ramón Méndez Gaite
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ourense, España |
Morte | setembro de 1924 Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , sacerdote |
Lingua | Lingua castelá |
Ramón Méndez Gaite, nado en Ourense e finado en Cuba en setembro de 1924[1], foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sacerdote, ensaísta, conferenciante e historiador. Foi capelán do Rei de España. Iniciou unha xira de propaganda católica por México e Cuba. En Cuba, o bispo de Camagüey encargoulle a parroquia de Morón. Creou e dirixiu o semanario AED Infantil. Colaborou en Ilustración Gallega, Galicia, Tierra Gallega e Álbum Literario.
Obras
[editar | editar a fonte]- Me declaro rebelde. Cuestión de actualidad, 1909.
- Patria y regionalismo, 1918.
- Estudios de sociología cristiana, 1918.
- Reconquista de Vigo, 1918, con prólogo de Manuel Lago González.
- El trabajo. El horario perfecto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega, 1-10-1924, p. 30.