Ramón del Castillo
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1985 (39 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2004 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2004 | Festival de Eurovisión 2004 |
Ramón del Castillo Palop, nado nas Palmas de Gran Canaria o 3 de maio de 1985, é un cantante español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con 18 anos entrou na academia de Operación Triunfo e quedou clasificado en segunda posición. En 2004 foi seleccionado polos telespectadores do programa para representar a España no Festival de Eurovisión que se celebrou en Istambul (Turquía) co tema Para llenarme de ti, composto por Kike Santander. Foi o primeiro en actuar e quedou clasificado en 10ª posición de 36 participantes con 87 puntos recibindo as máximas puntuacións de Andorra (12), Portugal (12), Francia (8) e Israel (8)[1][2]. O seu primeiro álbum Es así lanzouse en 2004 con Vale Music, producido polos irmáns Toni e Xasqui Ten e masterizado por Claudio Giussani nos estudos Nautilus de Milán[3]. O álbum debutou no número seis na lista de vendas[4].
En outubro de 2006 publica Cambio de sentido esta vez con Multitrack Records, o seu novo traballo no que seis dos seus temas son escritos por el mesmo. En 2007 grava unha canción dedicada a un dos seus equipos, o Real Betis pola celebración do centenario do equipo verdibranco. Colaborou como xurado no programa ¡Quiero ser como Pepe! de Tv Canaria. En agosto de 2009 o cantante gravou o himno do equipo de fútbol Unión Deportiva Las Palmas[5].
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón, representante español en Eurovisión". los40.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009.
- ↑ "Ramón queda décimo nun Festival de Eurovisión ganado por Ucraína". los40.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009.
- ↑ "Ramón, primeiro 'triunfito' de 'OT3' en gravar un disco". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 16 de decembro de 2009.
- ↑ "Ramón, a entrada máis forte na lista de AFYVE, dominada unha vez máis por Camela". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2009.
- ↑ "Ramón graba un himno deportivo". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2009.
Predecesor: "Dime" Beth |
España no Festival de Eurovisión 2004 |
Sucesor: "Brujería" Son de sol |