Randeeira
Unha randeeira[1] ou arrandeadoiro[2] é unha cadeira cuxos pés están unidos a barras en forma de arco que permiten que a persoa sentada poida arrandear cara atrás e cara adiante.
Moitas persoas experimentan unha sensación de relaxación producida pola acción de balance. Ademais, a randeeira resulta cómoda porque o asento colócase automaticamente nunha posición na que o centro de gravidade da persoa está aliñado cos puntos de contacto, permitindo limitar os esforzos musculares do movemento corporal.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo un mito estadounidense, a randeeira sería inventada por Benjamin Franklin, aínda que ningunha nota da súa biografía o acredita. A orixe máis ben procede de Inglaterra no transcurso do século XVIII (arredor de 1725). A partir do século XIX, a randeeira comezou a ser fabricada por empresas de mobles, especialmente o taller de Duncan Phyfe, pioneiro en mobles de estilo Imperio en Nova York.[Cómpre referencia]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Randeeira de Michael Thonet
-
Randeeira de Künstler Michael Öllinger, 1996
-
Randeeira de Peter Cooper, c. 1830
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "randeeira". academia.gal. Consultado o 2023.
- ↑ "arrandeadoiro". academia.gal. Consultado o 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Randeeira |