Refraneiro galego sobre o can
Aparencia
- Artigo principal: O can na cultura popular galega.
- A can fraco todo son pulgas [1].
- A can pequeno, óso grande [2].
- A can que moito ladra, bótalle un óso, verás que logo cala [2].
- A can que os dentes regaña dálle pan ou talladas [2].
- A can vello, cus cus [3].
- A can vello non hai cus, cus [2].
- A can vello non hai tus-tus.
- Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan [4].
- A puta e o can só miran prá man.
- A quen lle sobre pan, que manteña ben o can [5].
- A quen non lle sobre o pan, que non críe can [5].
- Adoece, can, porque non che dan pan [2].
- Aí vén febreiro cos seus vinteoito: si tivera máis catro non deixaba can nin gato.
- Alégrase o corvo e o can do que fai o gavián.
- Amigo de ricachón ou can ou cabrón.
- Amigos, coma o can e o gato.
- Anque o can ten catro patas, por un soilo camiño anda [2].
- Ás veces ruín cadela roe boa correa.
- Baila o can polo pan.
- Ben está o can cando non quer pan [2].
- Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos[6].
- Cada can lambe a súa caralla.
- Cada can lambe o seu [2].
- Cada can lambe o seu nariz.
- Cada can no seu palleiro é moita xente.
- Cal e o can, tal é o dono [2].
- Caldo sin pan dáselle ó can [7].
- Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro [8].
- Can cativo de lonxe ladra.
- Can danado non conoce ó amo [2].
- Can de boa raza, se hoxe non caza mañán caza [2].
- Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [2].
- Can de caza quer ser de raza [2].
- Can de palleiro non quer compañeiro [2].
- Can doente non conece á xente [2].
- Can e meniño, onde o cariño [9].
- Can ladrador que non ten forza, ¡ai, se se descoida! [2].
- Can ladrador, mal cazador [2].
- Can merendeiro garda mal o palleiro [2].
- Can moi ladrador, pouco mordedor [2].
- Can na porta, pedrada no rabo.
- Can pola porta pedrada no lombo.
- Can que ladra, non morde.
- Can que ladra, non morde nin caza [2].
- Can que lobos mata, lobos o matan [2].
- Can que moito ladra, ben garda a casa [2].
- Can que moito ladra, ruín é prá casa [2].
- Can que moito lambe tira sangue [2].
- Can que morde non ladra en vau [2].
- Can que non ventea, non lebrea [2].
- Can que ten a nai na aldea, moito ouvea [10].
- Can que vai a moitas vodas, non pode comer en todas [11].
- Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [2].
- Cando o can ladra na calle, señora comadre, cando o can ladra na calle, non ladra de balde [12].
- Cando o can quer a cadela; moita farela; e dispois ergue a pata e mexa por ela [2][13].
- Cando o can quer a cadela ofrece moita farela [14].
- Cando o can quer a cadela, ofrécelle farela.
- Cando un can traga un óso, confía no seu pescozo [2].
- Chámame can e dáme pan [2].
- Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can.
- Como o can do hortelán, que non come él as peras nin as deixa comer ós máis [2].
- Dálle ó rabo o can, non por ti, senón polo pan [15].
- Dáme pan e chámame can [5].
- De can, cadela; e de cadela, can [2].
- De can danado, de caldo recalentado e de amigo reconciliado, líbrenos Dios.
- De coxo e can rabelo, líbrenos Dios como do demo.
- De home coxo e can rabelo escapa dil como do demo.
- De home torto e can rabelo fuxe del como do demo.
- De neno, rei; de mozo, galán; de vello, can.
- De pequeno, rei; de mozo, capitán; de casado, burro; e, de vello, can.
- De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can.
- Deixa andar o can coa roca, que el dará conta da mazaroca [16].
- Deixa andar o can coa roca, que ha dar conta da mazaroca [17].
- Deixa andar o can coa roca que xa dará coa mazaroca.
- Deixa, deixa, andar o can coa lebre [18].
- Detrás dos cas lapazos can.
- Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro [19].
- Dios te libre de home que non fala, e de can que non ladra [20].
- Dixo no monte unha vella: "Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito, que si tiveras máis catro non quedaba can nin gato". Febreiriño contestou: "Os teus becerriños oito, deixa que meu irmán marzo hachos de volver en catro".
- Dos homes cativos e femias que teñen lingua noxente ¡líbrenos san Eleuterio antes que dun can doente!
- Dous de can novo, dous de bo can, dous de can vello, dous de mal can.
- Dous lobos a un can, ben o comerán [2].
- Dous poldros a un can, ben o morderán [21].
- Dous zarrulos a un can, algo lle fan.
- En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo galo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
- En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
- En abril estou no cubil; en maio xa son ben galo; en san Xoán xa dou unha espola ó can; en santa Mariña xa collo a cabritiña, en agosto xa vou co meu pai ó rosto.
- En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoan para o can.
- En coxeira de can e bágoas de muller, non hai que crer [22].
- En febreiro busca a sombra o cadelo.
- En febreiro busca a sombra o can.
- En febreiro, sete galgos e un lebreiro, i en maio, sete lebres e un galgo [23].
- En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; por santa Mariña, xa como a galiña; por agosto, xa son bo raposo.
- En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoán xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, i en agosto xa son bo raposo [24][25].
- En San Xoán a mexada dun can [26][27].
- En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.
- En san Xoán nin a mexeira dun can.
- En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can.
- En San Xoán xa fuxe o raposo ó can [26].
- En san Xuán xa lle mete a corredoira o can.
- En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
- Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos prós cas [28]
- Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro.
- Febreiriño curto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato.
- Febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si duraras máis catro, non paraba can nin gato [29].
- Febreriño curto, cos teus días vinteoito, se tuveras outros catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigureiro, nin can tras do palleiro [30].
- Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato [31].
- Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [18].
- Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can.
- Galiñas serán, dixo o zorro, máis chéiranme a can [32][33].
- Galiñas serán, pero chéiranme a can [34].
- Gárdate de home que non fala, e de can que non ladra [20].
- Gárdete Deus de can lebrel, de casa de torre e de muller sabidora.
- Gracias a Deus co meu can cazou unha mosca e se a cazou comeuna.
- Home coxo e can rabelo, disconfía dil coma do demo [35].
- Ladra, can, que pra eso gána-lo pan [2].
- Ládreme o can e non me morda, que eu lle botarei a corda [36].
- Ládreme quen queira, mentras eu teña cartos na faltriqueira [37].
- Lampreas en san Xoán, pra o can [27].
- Líbrete Deus de home de bigote loiro, de can rabeno e de home pequeno.
- Máis val can vivo que lión morto [2].
- Mal ladra o can cando ladra de medo [2].
- Marzo marceiro, pola mañán cara de can, e pola tarde é falangueiro [24].
- Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can.
- Marzo marzán, cara de can [18].
- Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [18].
- Marzo marzán cara de rosa pola mañán, e pola tarde cara de can [38].
- Marzo marzán, cara de rosas pola mañán, e pola noite cara de can [24].
- Marzo marzán, pola mañán cara de can.
- Marzo marzán, pola mañán cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
- Marzo marzán, pola mañán cara de can e pola tarde Xan Barrigán.
- Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can.
- Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can.
- Marzo marzán, pola mañán cara de rosa e pola tarde cara de can.
- Marzo marzán, pola mañán cara de rosas, pola noite cara de can.
- Marzo marzán, polo día a túa cariña de risa e á noite a túa cariña de can.
- Marzo marzán, polo día a túa cariña de rosa e pola noite a túa cariña de can.
- ¡Menos mal co meu can cazou unha lebre!
- Mentres o can dorme, o lobo mata e come [2].
- Morreu o can, acabouse a rabia.
- Morto o can, acabouse a rabia [2][39].
- Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga [5].
- Na cama do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela búsque-la manteiga [40].
- Ningún can lamendo engorda.
- No abril para min, no maio para o criado e no san Xoán o peixe para o can.
- No bico do can non cáte-lo pan, nin no fociño da cadela cáte-la manteiga.
- No febreiro busca o can ó pé do palleiro.
- No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ó can.
- Non busques o pan na cama do can [5].
- Non temos pra pan e mantemos un can [5].
- Nunca can me roeu que el non adoecese [41].
- Nunca falta un can pra unha merenda [2].
- Ó cabo do ano, o can manda no seu amo [42].
- O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño [2].
- O can baila polo pan [2].
- O can coa onda, a seu dono se torna [2].
- O can coa rabia a seu dono traba [2].
- O can de boa raza pensa no pan e na caza [2].
- O can de hortelán non come as verzas nin deixa collelas pra comelas [2].
- O can de Xan Torrado, canto fai cos pés desfaino co rabo [2].
- O can do ferreiro dorme ás marteladas e desperta ás talladas [2].
- O can do hortelán, nin famento nin farto deixa de ladrar [2].
- O can e o meniño, onde atopan acariño [2].
- O can e o meniño pr'onde lles dan cariño.
- O can fraco todo é carrachas [43].
- Ó can fraco todo se lle volven pulgas [2].
- O can i o gato comen o mal gardado [2].
- Ó can i ó paroleiro, deixalos no carreiro [2].
- O can ladra onde come [2].
- Ó can mordido, todos o morden [2].
- O can no barbeito ladra sin proveito [2].
- O can ouvea e o burro ornea [44].
- Ó can pola caste; i o novelo, polo fío [2].
- Ó can que dorme, nono despertes [2].
- Ó can que lambe a cinza, non lle fíes a fariña [2].
- Ó can qué mexar, e á muller qué falar, nunca lles ha faltar [2].
- O can que trousou, o trouso papou, porque lle gustou [2].
- O can sempre será can [2].
- O can vello, se ladra, dá consello [2].
- O can, oubea e o burro ornea [2].
- O de abril gardallo para ti; o de maio, si cho piden, dallo; o de San Xoán tírallo a un can.
- O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [45].
- O home, cando é rapaz é rei; de mozo, capitan; de casado, burro, e de vello can.
O home, de meniño rei, de mozo, galán, de casado, burro, e de vello can.
- O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
- Ó que non lle sobra o pan, sóbralle o can [5].
- O que non queira ter cás á porta, que bote a cadela fóra [2].
- O que non ten pra pan, que non críe can [46]
- O que se deita con cás, érguese con pulgas [2].
- O que ten can é que lle sobra o pan [2].
- O vrau de san Martiño dura mentres o can lambe o fuciño.
- Onde non hai pan vaise hastra o can [5].
- Os cás da miña tía, non tendo a quen morder, us a otros se mordían [2].
- Os enxames de abril, gárdaos pra ti, os de Maio a quen chos pida, dállos e os de San Xoan bótallos ó can.
- Ou o can mente, ou vén xente [2].
- Pitos serán pero ólenm'a can [47].
- Polo pan baila o can [5].[48].
- Polo pan baila o can pra ver se llo dan [2].
- Polo san Sebastián medra o día o paso dun can [49].
- Por diñeiro baila o can, e por pan, se llo dan [50].
- Por moito que me ladren, inda han ter máis que ladrar [2].
- Por san Xoán, pedras ó can.
- Por san Xullán adianta o día o paso dun can.
- Por san Xulián medra o día un pasiño de can [51].
- Pra pan non temos e can mantemos [5].
- Primeiro o pan, dispois o can [5].
- Probe do can que polo rabo se deixa agarrar [2].
- Quen dá pan ó alleo can, perde o can e perde o pan [5].
- Quen ó seu can quer matar, achaque lle ha buscar [2].
- Quen quer a Xan, quer ó seu can [2].
- San Adrián, nin bo gato nin bo can.
- San Xoán, pola mañán cara de can, a mediodía cara de alegría.
- Se che din que o teu can está doente, mata axiña o can, Vicente [2].
- Se has bicar o can no cu, non debes mirarlle o rabo [52].
- Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca.
- Se queres gañar ó can, dálle pan.
- Se queres que te siga o can, dáalle pan.
- Se qués que te siga o can, dálle pan [2].
- Sogra e nora, can e gato, non comen no mesmo prato [1].
- Tres anos de can novo, e tres de bo can; tres anos de can vello, e tres de folgazán [2].
- Unha sebe tres anos dura, un can tres sebes: unha mula tres cans; un home tres mulas [53].
- Vaite febreiriño corto, cos teus días vinteoito, que se tiveras máis catro non quedaba can nin gato.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato.
- Vaite febreiro cos teus vinteoito que se duras máis catro non queda can nin gato. Deixa que aí vén meu irmán marzo que vos ha de poñe-los cornos no regazo.
- Van os cas a onde non os chaman, e mais apañan pedradas [54].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Miguel Rubinos Conde 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 2,28 2,29 2,30 2,31 2,32 2,33 2,34 2,35 2,36 2,37 2,38 2,39 2,40 2,41 2,42 2,43 2,44 2,45 2,46 2,47 2,48 2,49 2,50 2,51 2,52 2,53 2,54 2,55 2,56 2,57 2,58 2,59 2,60 2,61 2,62 2,63 2,64 2,65 2,66 2,67 2,68 2,69 2,70 2,71 2,72 2,73 2,74 2,75 Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Non se pode enganar a unha persoa con experiencia (o can vello) con chácharas de rapaces (voces como cus cus, empregadas para chamar os cadelos).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
- ↑ Chámase alcuceiro ó home cocinillas, a quen lle gusta estar metido na cociña; a alcuza é a aceiteira. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1988).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: oubea.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: bodas.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
- ↑ Farela significa conto, charlatanería, labia (ter moita farela).
- ↑ Juan Sobreira Salgado: "Vegetables. No orixinal: cadéla, moyta faréla.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. rabo (no orixinal: Dalle o rabo, tí, senon); s. v. can (no orixinal: tí.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: andalo.
- ↑ Porque o que as fai, págaas. Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 Elixio Rivas Quintas (1978).
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
- ↑ 20,0 20,1 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
- ↑ José María Pereda Álvarez (1953). No orixinal: n-hai.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
- ↑ Real Academia Galega, s. v. agosto. No texto: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo ao can, ja pillo, ja son, bon.
- ↑ 26,0 26,1 Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
- ↑ 27,0 27,1 Rosario Soto Arias 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: mais.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (1978). No orixinal: ghato, pighureiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No orixinal: corzo, sic por corto.
- ↑ Refrán que expresa desconfianza ante un probable engano. É o remate dun conto no que o labrego engana ó raposo dándolle un saco cun can dentro dicíndolle que son galiñas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galiña
- ↑ Victoria Cerviño Ferrín 2013.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can, s. v. ladrar.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ladrar.
- ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: cán.
- ↑ [1] Centro Virtual Cervantes
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: cátelo, búsquela.
- ↑ Dise cando alguén se quere cobrar de máis nunha ofensa. José María Pereda Álvarez. No orixinal: qu'él.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: carrechas.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: oubea
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
- ↑ Dío o raposo, e aplícase a cando un presinte que o queren enganar. José María Pereda Álvarez. No orixinal: ólenm'a.
- ↑ Aníbal Otero Álvarez: Piquín, s. v. can.
- ↑ San Sebastián, 20 de xaneiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. diñeiro.
- ↑ San Xián, ou Xulián, 9 de xaneiro.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: cú.
- ↑ Juan Sobreira Salgado.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: nonos, e máis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
- OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
- PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
- PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
- RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
- Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" seguido dunhas " Retractaciones" e duns "Documentos justificativos de la nomenclatura botánica gallega" (1790), ed. de J. L. Pensado Tomé en Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241–267.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
- Mª Rosario Soto Arias: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.