Rexinaldo II de Bar
Nome orixinal | (fr) Renaud II de Bar ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1122 (Gregoriano) ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 25 de novembro de 1170 ![]() valor descoñecido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | feudatario ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Outro![]() | |
Título | Count of Bar (en) ![]() ![]() |
Familia | House of Scarpone (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Inês de Blois |
Fillos | Teobaldo I de Bar, Henry I, Count of Bar (en) ![]() ![]() ![]() |
Pais | Reginald I, Count of Bar (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Thierry III of Bar (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
Rexinaldo ou Renaldo II de Bar, nado sobre 1122 e finado o 25 de xullo de 1170, foi conde de Bar e señor de Mousson de 1149 a 1170. Era fillo de Rexinaldo I, conde de Bar e señor de Mousson, e de Xisela de Vaudémont.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1135, asistiu, xunto ao seu pai e o seu irmán Hugo, ao concilio de Metz. Participou na Segunda Cruzada co seu pai e o seu irmán Teodorico en 1147. O seu pai morreu durante a viaxe de volta. Retomou as guerras contra os seus inimigos tradicionais, o duque de Lorena e o bispo de Metz.
Atacou a abadía de Saint-Mihiel en 1152, foi excomungado e tivo que facer unha compensación honorable. Logo fixo numerosas subscricións en diferentes abadías. O 22 de setembro de 1141 perdeu o castelo de Bouillon despois dun cerco de cincuenta e un días por parte do príncipe bispo de Liexa Alberte II de Chiny-Namur axudado por Henrique IV de Luxemburgo, chamado O cego.
Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]
Casou en 1155 con Inés de Champaña (1138 - 1207), filla de Teobaldo IV de Blois, conde de Blois e Champaña e Matilda de Carintia, e tivo a:
- Henrique I (1158 - 1190), conde de Bar.
- Teobaldo I (1158 - 1214), conde de Bar.
- Rexinaldo de Bar (m. 1217), bispo de Chartres de 1182 a 1217.
- Hugo, cóengo en Chartres.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994