Rogelio Alonso Carral
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 31 de outubro de 1949 Pazos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Rogelio Alonso Carral, Canín, nado en Ferrol e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na guerrilla en 1947, da man de José Antonio Castro López, con quen contactou no castelo da Palma. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderado por Adolfo Allegue Allegue. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,[1] suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Juan Freire Barcia, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2018.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. p. 33. ISBN 84-8485-231-8.