Səbinə Əliyeva
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1980 (44 anos) Bakú |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Acerbaixán |
Educación | Faculty of Law of Baku State University (en) |
Actividade | |
Ocupación | xurista |
Familia | |
Cónxuxe | Siyavush Novruzov |
Pais | Yashar Aliyev (en) e Rena Aliyeva (en) |
Premios |
Səbinə Yaşar qızı Əliyeva, nada o 7 de maio de 1980 en Bakú é unha xurista azarí, valedora de Acerbaixán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do médico e político Yaşar Əliyev e da dentista pedriática Rəna Əliyeva[1]. Estudou dereito na Universidade Estatal de Bakú entre 1996 e 2000 e tras graduarse entrou a traballar no Tribunal Constitucional e asemade realizou estudos de posgrao en dereito público na súa alma máter. Entre 2009 e 2012 realizou estudos de relacións internacionais na Academia da Administración Pública de Acerbaixán. En 2016 doutorouse[2] cunha tese sobre relacións internacionais e dereitos humanos. O 29 de novembro de 2019 a Asemblea Nacional elixiuna Comisionada para os Dereitos Humanos (valedora) de Acerbaixán entre os tres candidatos que presentara o presidente da República de Acerbaixán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Яшар Алиев: Когда мою дочь избрали омбудсменом, не смог сдержать слёз радости". Massa. 2 de decembro de 2019.
- ↑ "Новый омбудсмен Азербайджана: кто она? - ДОСЬЕ". Oxu. 29 de novembro de 2019.