San Fernando del Valle de Catamarca
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina | ||||
Provincia da Arxentina | Provincia de Catamarca | ||||
Departamento da Argentina (pt) | Capital (departamento de Catamarca) (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 159.139 (2010) (398,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 399 km² | ||||
Altitude | 500 m | ||||
Creación | 5 de xuño de 1683 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | K4700 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 3834 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | sfvcatamarca.gov.ar |
San Fernando del Valle de Catamarca é a capital da provincia arxentina de Catamarca, e do departamento Capital. Trátase dun importante centro turístico e comercial, como así tamén de activa vida cultural, que se desenvolve na súa universidade, institucións e museos.[1]
Encóntrase emprazada nas beiras do río de El Valle e ao pé da Serra de Ambato e da Serra de Ancasti, ten 399 km² e atópase a 550 msnm. Ten 162.601 habitantes,[2] os que, sumados aos 40.255 habitantes dos outros departamentos do Gran San Fernando del Valle de Catamarca (Valle Viejo e Fray Mamerto Esquiú), representan arredor do 53,29 % da poboación da provincia.
San Fernando del Valle foi fundada o 5 de xullo de 1683 por Fernando de Mendoza y Mate de Luna, logo de varias fundacións nas que o pobo fora bautizado con diferentes nomes e trasladado a diferentes lugares do actual territorio da provincia de Catamarca.[3] A localización da cidade constituía un cruzamento obrigado para as comunicacións de Santiago del Estero e San Miguel de Tucumán coa provincia da Rioxa, tratándose ademais dunha zona de terra fértil.[4]
É un centro turístico por excelencia da provincia, sendo a súa arquitectura colonial un dos seus atractivos, e serve como enlace para moitos puntos turísticos. Ademais, trátase dun importante centro relixioso. Un dos principais eventos é a peregrinación á Virxe do Val, na que centos de peregrinos chegan a San Fernando del Valle de Catamarca para visitar a Igrexa da Virxe do Val (1694), coa imaxe venerada da Nosa Señora do Val.[5]
A San Fernando pódese chegar por vía aérea, no Aeroporto Coronel Felipe Varela, situado a 15 km ao sueste da cidade, con voos regulares a Buenos Aires e A Rioxa, ou por vía terrestre en coche ou en ómnibus, na Terminal de Ómnibus de San Fernando del Valle de Catamarca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Argentinaturistica.com. "Argentina - San Fernando del Valle de Catamarca" (en español). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2009.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Censos de la República Argentina. "INDEC - Censo 2001" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2013.
- ↑ La Ciudad y su fundador, p. 7
- ↑ La Ciudad y su fundador, p. 10
- ↑ "Fe y amor incondicional a la Morena Virgen del Valle". Diario C (en español). Consultado o 3 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Universidad Nacional de Catamarca (2009). Ediciones Municipales, ed. La ciudad y su fundador (PDF). p. 32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2013.
- Arte Gráfico Editorial Argentino, ed. (2006). Argentina Pueblo a Pueblo (Primeira ed.). p. 144. ISBN 978-950-782-732-7.
- Municipalidade de San Fernando del Valle de Catamarca. Carta Orgánica Municipal. p. 41. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 03 de agosto de 2013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Fernando del Valle de Catamarca |