The Walking Dead (videoxogo)
The Walking Dead | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Telltale Games |
Distribuidora(s) | Telltale Games |
Director(es) | Sean Vanaman Jake Rodkin Dennis Lenart Eric Parsons Nick Herman Sean Ainsworth |
Deseñador(es) | Sean Vanaman Jake Rodkin Mark Darin Harrison G. Pink Andrew Langley Sean Ainsworth |
Compositor(es) | Jared Emerson-Johnson |
Motor | Telltale Tool (modificado) |
Lanzamento | Lista
Lista
Lista
Lista
Lista
Lista
|
Xénero | Aventura gráfica |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows, iOS, Mac OS X, PlayStation Vita |
Formato(s) | Descarga, disco óptico |
Serie | The Walking Dead |
Na rede | |
http://www.telltalegames.com/walkingdead | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Walking Dead (tamén coñecido como The Walking Dead: The Game)[2] é un videoxogo episódico de aventura gráfica baseado na serie de banda deseñada The Walking Dead de Robert Kirkman. O xogo foi desenvolvido por Telltale Games e era previsto que se estrease no 2011, pero demorouse ata o 2012. O xogo consta de cinco episodios, publicados entre abril e novembro de 2012. Telltale tamén publicou versións comerciais co xogo completo. O xogo é válido para Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows, iOS e sistema OS X, e para PlayStation Vita dende a gosto de 2013.
O xogo está ambientado no mesmo mundo ficticio que o cómic, e os eventos suceden pouco tempo despois da apocalipse zombi en Xeorxia, Estados Unidos. Porén, moitos das personaxes son orixinais do xogo, como asasino convicto Lee Everett, que rescata e coida á pequena Clementine. Kirkman colaborou na historia do xogo para estar certo de que se correspondía coa banda deseñada, pero permitiu a Telltale que xestionase o traballo de desenvolvemento e as particularidades da historia. Tres personaxes da serie de banda deseñada aparecen no xogo; Hershel Greene, Shawn Greene e Glenn.
Ó contrario que outras aventuras gráficas, The Walking Dead non se centra na resolución de crebacabezas, senón na historia e no desenvolvemento das personaxes. O devir da historia vese afectado polas eleccións nos diálogos do xogador e polas accións nos eventos. Isto pode provocar, por exemplo, que certos personaxes sexan asasinados, ou que a súa disposición de cara á personaxe principal sexa diferente. As eleccións feitas polo xogador consérvanse dun episodio a outro.
The Walking Dead foi louvado pola crítica, destacando o ton emocional da historia e a conexión empática establecida entre Lee e Clementine. O xogo gañou máis de 80 premios "Game of the Year", incluíndo premios do USA Today, GamesRadar, E! Online e Spike Video Game Awards. Máis dun millón de xogadores mercaron cando menos un dos episodios da serie, e a finais do 2012 foron vendidos 8,5 millóns de episodios individuais. O seu éxito interpretouse coma un gran pulo para o debilitado xénero de aventuras. En xullo de 2013, Telltale lanzou un episodio adicional descargable, 400 Days, para estender a primeira temporada e facer unha ponte que conecte coa segunda temporada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Norris, Erick. "The Walking Dead: Episode 2 Available Today". CraveOnline. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012.
- ↑ "The Walking Dead: The Game – Episode 5: No Time Left Review". IGN. 19 de novembro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2012.