Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Volkswagen Touareg é un automóbil todo terreo do segmento E producido polo fabricante alemán Volkswagen dende 2002 . É un cinco prazas con carrozaría de cinco portas, motor frontal lonxitudinal e chasis monocasco , que se ofrece unicamente con tracción á catro rodas . Os seus principais rivais son o BMW X5 , o Range Rover Sport , o Jeep Grand Cherokee , o Mercedes-Benz Clase M , o Porsche Cayenne e o Volvo XC90 .
O Touareg (nomeado internamente como Typ 7L ) foi un proxecto do Grupo Volkswagen , que tamén incluíu a Audi e Porsche , que andaban a pensar na posibilidade de engadir un SUV ao seu catálogo de produtos. O obxectivo era crear un vehículo todo terreo que se puidese conducir como un coche deportivo. O equipo, de máis de 300 persoas, foi dirixido por Klaus-Gerhard Wolpert , e tivo a súa base de operacións en Weissach im Tal (Alemaña ). Como resultado desta empresa conxunta o Porsche Cayenne comparte co Touareg a plataforma PL71 do Grupo Volkswagen, e ambos modelos fabrícanse en Bratislava xunto co Audi Q7 .
1ª xeración
Período
2002 -2010
Dimensións
Lonxitude
4755 mm
Anchura
1930 mm
Altura
1725 mm
Distancia eixes
2855 mm
Modelos relacionados
Relacionado
Porsche Cayenne
O Touareg de primeira xeración foi deseñado en conxunto polo Grupo Volkswagen e Porsche . Por esta razón, a súa plataforma é a mesma que a do Porsche Cayenne e similar á do Audi Q7 . Todas as unidades fabrícanse en Eslovaquia e Rusia . Na reestilización a finais de 2006, o Touareg recibiu o frontal cromado que tamén incorporan outros modelos da marca.
Gasolina
Modelo
Ano
Motor
Potencia (rpm)
Par (rpm)
3.2 V6
2002–2004
V6 de 3189 cc
276 CV (rpm)
3.6 V6
2004–2006
V6 de 3597 cc
238 CV (rpm)
4.2 V8
2002–2006
V8 de 4163 cc
306 CV (rpm)
6.0 W12
2005-
W12 de 5998 cc
444 CV (6000 rpm)
600 Nm (3300 rpm)
Diésel
Modelo
Ano
Motor
Potencia (rpm)
Par (rpm)
2.5 R5 TDI
2003-
L5 de 2460 cc
172 CV
3.0 V6 TDI
2004–2007
V6 Turbo de 2967 cc
222 CV
5.0 V10 TDI
2002-2007
V10 Turbo de 4921 cc
309 CV (3750 rpm)
750 Nm (2000 rpm)
2ª xeración
Período
2010 -2018
Dimensións
Lonxitude
4795 mm
Anchura
1940 mm
Altura
1710 mm
Distancia eixes
2895 mm
A segunda xeración do Touareg foi presentada no Salón do Automóbil de Xenebra de 2010 e comezou a súa comercialización no segundo trimestre dese ano.
Ficha Técnica
Touareg V6 TDI
Touareg Hybrid
Touareg 4.2 V8 TDI
Motor
V6 a 90º
V6 a 90º
V8 a 90º
Cilindrada
2.967 cc
2.995 cc
4.134 cc
Alimentación
inx. directa (conduto común), admisión variable, Turbo compresor de xeometría variable. Intercooler.
inx. directa múltiple (conduto común), Turbo compresor de xeometría variable, Intercooler.
inx. directa, con compresor, Intercooler.
Distribución
4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata.
4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata.
4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas en cada culata, Distribución Variable
Potencia máxima
240 CV a 4.000 rpm
333 CV a 6.500 rpm + 46 CV a 1.150 rpm
340 CV a 4.000 rpm
Par máximo
550 Nm a 2.500-2.250 rpm
440 Nm a 3.000-5.250 rpm + 300 Nm a 1.150 rpm
800 Nm a 1.750-2.750 rpm
Transmisión
Automatica DSG, de oito marchas máis reversa
Tracción
Integral 4Motion, control de estabilidad
Aceleración 0–100 km/h
7,8 s
6,5 s
5,8 s
Velocidad máxima
218 km/h
240 km/h
242 km/h
Consumo medio (l/100 km)
aut (7,4 l/100 km)
aut (8,2 l/100 km)
aut (9,1 l/100 km)
Emisiones de CO2
aut (195 gr/km)
aut (193 gr/km)
aut (239 gr/km)
3ª xeracíon
Deseño
Frank Bruese
Período
2018 -presente
Configuración
Plataforma
Grupo Volkswagen MLB Evo
Dimensións
Lonxitude
4878 mm
Anchura
1984 mm
Altura
1717 mm
Distancia eixes
2894 mm
Modelos relacionados
Relacionado
Porsche Cayenne Audi Q7
A terceira xeración Touareg foi revelada o 23 de marzo de 2018 no Salón do Automóbil de Poznań . Facía fincapé na eficiencia do combustible. O vehículo é máis grande e usa a plataforma MLB do Grupo Volkswagen compartida co Porsche Cayenne e o Audi Q7 .
VW Race Touareg conducido por Nasser Al-Attiyah no Rally Dakar 2010 (2ª posición).
VW Touareg V10 TDI frontal (2007)
VW Touareg V10 TDI parte traseira (2007)
Touareg V10 TDI
Touareg V10 TDI
Frontal Facelift Toureg
Parte traseira Facelift Toureg