Xosé Manuel Rodríguez-Abella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de novembro de 2018 (60/61 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pedagogo |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Manuel Rodríguez-Abella Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1957 e finado o 23 de novembro de 2018, foi un pedagogo galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación.[2]
Destacou o seu labor impulsor en proxecto educativos de ámbito municipal e galego como EducaCompostela, a creación da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela ou a posta en marcha Premio Compostela de Álbums Ilustrados.[3]
Era membro de Nova Escola Galega, dende onde traballou para a galeguización do ensino na súa cidade así como a prol da normalización lingüística do galego.
Malia que levaba un ano de baixa por enfermidade, no momento do seu falecemento, profesionalmente ocupaba o cargo de xefe do departamento de Educación do concello compostelán.[4]
Foi incinerado no cemiterio de Boisaca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Manuel Rodríguez-Abella, alma educativa do Concello de Santiago". Praza Pública. 24 de novembro de 2018.
- ↑ "Hondo pesar en Raxoi por la muerte de Xosé Manuel Rodríguez Abella". El Correo Gallego (en castelán). 24 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018..
- ↑ "Fallece el pedagogo municipal, Xosé Manuel Rodríguez-Abella". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2018..
- ↑ "Onte faleceu Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo municipal de Santiago". Compostela 24 Horas. 24 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Revista Galega de Educación Nº 49 coordinado por Rodríguez-Abella e Mª Belén Caballo Villar.