Yılmaz Güney
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (tr) Yılmaz Pütün 1 de abril de 1937 Adana, Turquía |
Morte | 9 de setembro de 1984 (47 anos) XIV Distrito de París, Francia |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 71 Grave of Güney (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Curdistán |
Actividade | |
Lugar de traballo | Turquía |
Ocupación | director de cinema , montador , poeta , guionista , actor , produtor |
Período de actividade | 1958 - 1983 |
Pseudónimo literario | Çirkin Kıral (Ugly King) |
Lingua | Lingua turca |
Deporte | fútbol |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Cónxuxe | Nebahat Çehre (1967–1968) |
Condenado por | asasinato (1974) |
Cronoloxía | |
13 de setembro de 1984 | Funeral |
Premios
| |
|
Yılmaz Güney, nado en 1937 e finado en París en 1984, foi un escritor, actor e director kurdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha vila próxima a Adana, no seo dunha familia kurda, estudou dereito e económicas nas universidades de Ancara e Istambul, pero aos 21 entrou en contacto cun feixe de directores novos entre os que estaba Atıf Yılmaz, que pretendía superar o cinema turco feito ata entón con outro que reflectise a realidade social do país. Yılmaz Güney traballou primeiro como asistente de Atıf Yılmaz ata que se consagrou como actor, un dos máis recoñecidos da época.
En 1961 foi condenado a 18 meses de prisión acusado de escribir unha novela comunista, en 1965 comeza a dirixir, en 1968 forma a súa propia produtora, Güney Filmcilik. Foi arrestado de novo en 1972. En 1981 foxe da prisión e establécese en Francia e en 1982 gaña o Festival de Cannes por O camiño. En 1984 morre no exilio en París, e ata 1992 non se permitiron os seus filmes en Turquía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yılmaz Güney |