Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Portada

En Galifontes, o Wikisource en galego.
O Pintureiro. — Eugenio Carré Aldao. 1911.


    Erase que se era un fidalgo dos mais pobres, d'aqueles que dixo Cervantes «de lanza en astillero, adarga antigua, rocin flaco y galgo corredor»     A facenda era pouca: as trampas moitas; mais, así e todo, tan pa- gado estaba dos seus pergaminos e executorias que inda non os trocara po-las minas do Potosí. Baixal-o lombo ao traballo non ó baixaba; se- gun él, por non luxal-a sua nobreza; segun as malas lingoas (quen as pode acamallar) por tere moito de folgazanería.     Vivía no lugarete na casa petrucial, que solo tiña de bô o dibuxado escudo riba da porta. O vento e a cluvia colabanse pol-as desvencilla- das ventás, onda os vidros non se vían facía moitos anos, e pol-as pou- cas tellas que cubrían a ripa do tellado, que era unha bendición. Os caneiros, pontonaxe e as táboas do piso, tan tramadas da traza es- taban que, para andar pol-o sobrado, tíñanse de facer mais equilibrios que para bailar na corda floxa. As paredes sostíñanse en pé sabe Dios como, pois solo a providencia podía termar d'elas, nos días de treboa- da, pol-ó landreadas que estaban.     A roupa do fidalgo corría parexas c'o bon estado da casa. Recor- dar, recordaba as modas do tempo do rei Perico; mais, en de por eso' tan límpo do poo e palla andaba á forza do se acepillar, quo ao se pa- seare c'o sombreiro â teima e c'o seu pau de carballo na man, mália o lustroso do traxe, que de tan gastado deixaba vel-os fios da tea, pa- recía todo un cabaleiro.     Como diñeiro, non había de qué, tiña un modo de vivir apretadi- ño. O seu xantar era ben cativo; non pasaba fame, gracias á que o pan non iba caro, e comíao reseso para que lle rindera mais. O viño, Diol-o dera: prestaballe mais a augoa fresca, pois para matal-a sede tiña un pozo no curral que daba xenio.     ¿Criados? servíase él que non estaba para manter folgazás, e nin- guen fai as cousas mais xeitosas que o que as precisa.     Así e todo, como tiña moita crianza, andaba sempre na compaña dos veciños mais ricos e de mais nota da sua parroquia e das da bisbarra. As visitas facías âs xeiras, boxe aquí manan ali, sendo ben recibido onde queira que fora. Non tiña outro defecto mais que o da grandeza e, á docotío, non falaba se non das rendas que cobraba; que se eran tantos ou cantos ferrados: dos empregos que tiña dados á parcería ou âs ganancias e outras cen e cen escochas que encaixaba á pote. Minti- reiro cal era, onde mais se corría, era ao falar das suas comidas, que, solo ao decil-ó que aparellaba para unha sola, podía darse por farto un batallón.

Sobre Galicia

Outros textos

Índices

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

Participación

Podes consultar a Axuda para obter máis información de como participar, na que atoparás información de como comezar a colaborar. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 3 454 contas de usuario rexistradas en Wikisource, e entre elas 3 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan en Wikisource son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos e espazos de conversa.
Afonso II · Agostiño de Hipona · Francisco Añón · Xela Arias · Aristóteles · Emiliano Balás Silva · Pedro Boado Sánchez · Alfredo Brañas · Xosé Manuel Cabada · Amado Carballo · Martín Codax · Conan Doyle · Martín Balza · Baudelaire · Roberto Blanco Torres · Bernal de Bonaval · Bécquer · Beethoven · Edward Bellamy · Carré Aldao · Castelao · Rosalía · Diego Antonio Cernadas · José Cornide · Curros Enríquez · Alphonse Daudet · Patricio Delgado Luaces · Camilo Díaz Baliño · Anselmo Feijoo Montenegro · Xosé Fernández Neira · Engels · Johan de Cangas · Alain-Fournier · Piotr Kropotkin · Xoán Xesús González · Urbano González · Lago González · Valentín Lamas Carvajal · Manuel Leiras Pulpeiro · Xosé Lesta Meis · Lorca · Enrique Labarta · Antonio López Ferreiro · Losada Diéguez · Machado de Assis · Manuel Antonio · Marx · Ángeles Maestro · Vladimir Maiakovski · Mendinho · Amador Montenegro · Nietzsche · José Noguerol y Camba · Airas Nunes · Luís Otero Pimentel · José Pardiñas y Villalobos · Poe · Valentín Paz-Andrade · Xosé Pérez Ballesteros · Pessoa · Heraclio Pérez Placer · Pero da Ponte · Xoán Manuel Pintos · Pondal · José María Posada · Eugène Pottier · Bernardo Rodríguez · Ruiz Aguilera · Sá de Miranda · Sarmiento · Johan Servando · Walter Scott · Joseph Smith · Bram Stoker · Sun Tzu · Marcial Valladares · Valle-Inclán · Antón Villar Ponte · Vicente Viqueira · El Viejo Pancho · William Butler Yeats
Wikipedia
Wikipedia

Galipedia
Enciclopedia

Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento